Pasar al contenido principal
STG

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita o IES Xelmírez I

Un grupo de socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitará este venres 19 a partir das 17.30 horas o Instituto de Educación Secundaria Xelmírez I. Acompañado polo profesor do centro, César Camporro, o grupo poderá contemplar a colección de instrumentos científicos dos gabinetes de física, química e historia natural dos séculos XIX e XX que herdou do antigo Instituto de Segunda Ensinanza de Santiago, un dos primeiros de Galicia, creado en 1845 como instituto adxunto á Universidade. Por esa razón compartía con ela as aulas, os docentes e os gabinetes. Polo antigo instituto pasou alumnado e profesorado que logo destacou na literatura, a ciencia e a política como Castelao, Valle Inclán, Montero Ríos ou Rodríguez Carracido, este último decano da facultade de farmacia de Madrid e logo reitor, foron algúns deles.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2012.