Pasar al contenido principal
STG

O proxecto RAIA.co reúnen a Facultade de Química a desenvolvedores de aplicacións para móbiles e webs sobre meteoroloxía

Este proxecto busca dotar a Meteogalicia dunha Infraestrutura de Datos Espaciais para o acceso a datos e crear canles de acceso á información adecuados para o maior número posible de usuarios

Usuarios avanzados como membros de grupos de investigación universitarios e desenvolvedores interesados en crear novas aplicacións para móbiles ou webs a partir dos datos que publica MeteoGalicia teñen unha cita obrigada na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago, o vindeiro xoves 25. O Workshop RAIA.co profundará en aspectos clave da información pública xeorreferenciada e as claves de varios servizos xeorreferenciados en meteoroloxía e oceanografía en Galicia, así como o funcionamento dos servidores THREDDS (Thematic Realtime Environmental Distributed Data Service) para a conectividade entre provedores de datos científicos e posibles usuarios finais. A través desta ferramenta permítese o acceso público a datos de modelos operacionais como os de MeteoGalicia ou os do proxecto MyOcean de Puertos del Estado, datos arquivados e datos externos doutros sistemas. Aplicacións para móbil e web Representantes de institucións e empresas que desenvolveron webs especializadas ou aplicacións para móbil como MeteoSIX (Meteogalicia), que permiten consultar predicións ou datos de observación meteorolóxicos e oceanográficos, exporán a continuación as características dos seus traballos. A xornada concluirá cunha mesa redonda na que se abordarán as oportunidades de negocio e emprendemento empresarial que poden achegar as coleccións de datos abertos que están a publicar distintas administracións. Sobre o proxecto RAIA.co O proxecto Interreg RAIA.co, Observatorio Oceánico da Marxe Ibérica, está coordinado por Meteogalicia e nel tamén participan o Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), o grupo COGRADE do CITIUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). RAIAco busca dotar a Meteogalicia dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) para o acceso a datos meteorolóxicos e oceanográficos e crear canles de acceso á información adecuados para o maior número posible de usuarios. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto. Para acadar máis información está dispoñible a web www.cesga.es/workshopRAIA.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2012.