Pasar al contenido principal
STG

O vicedirector da Real Academia Española imparte unha conferencia na Facultade de Humanidades de Lugo

José Antonio Pascual, vicedirector da RAE, falará na Facultade de Humanidades sobre os problemas filolóxicos dos dicionarios
José Antonio Pascual, vicedirector da RAE, falará na Facultade de Humanidades sobre os problemas filolóxicos dos dicionarios
José Antonio Pascual falará sobre os problemas filolóxicos dos dicionarios e fará un adianto do seu próximo libro,

O martes 11 a partir das 12.00 horas terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Humanidades a conferencia ‘Os problemas filolóxicos do dicionario’, impartida por José Antonio Pascual, académico e vicedirector da Real Academia Española desde decembro de 2007, e organizada pola profesora deste centro do Campus de Lugo Mar Campos Souto.

Pascual anticipará neste acto algúns dos contidos do seu próximo libro, No es lo mismo ostentoso que ostentóreo, que se publicará en xaneiro na editorial Espasa, no que reflexiona sobre as causas históricas dalgúns usos contemporáneos e sobre a necesidade de depurar os dicionarios recorrendo á filoloxía.

José Antonio Pascual dirixe na actualidade o Nuevo diccionario histórico de la lengua española da RAE. Así mesmo, colaborou con Joan Corominas na redacción do seu Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico e con Juan Gutiérrez Cuadrado, elaborou o proxecto do Diccionario Salamanca de la Lengua española. Á súa ampla experiencia como lexicógrafo súmase unha longa nómina de títulos sobre historia do español ou sobre a edición de textos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2012.