Pasar al contenido principal
STG

O arqueólogo Celso Rodríguez inaugura o ciclo de conferencias sobre os últimos achados arqueolóxicos en Lugo

Baixo o lema ‘¿Coñece vostede Lucus Augusti?’ este xoves, 1 de decembro, comeza en Lugo un ciclo de conferencias no que se presentarán os achados arqueolóxicos realizados na cidade dende 2003, ano no que se atopou o Mitreo inserto nunha domus cun grado de conservación sen igual na península ibérica. Precisamente o arqueólogo director da escavación do Mitreo, Celso Rodríguez Cao, será o primeiro que interveña, este xoves ás 19.30 horas na Vicerreitoría, coa conferencia ‘¿De verdade é excepcional o Mitreo de Lugo?’. As conferencias A seguinte charla será o 15 de decembro ás 19.00 horas na Facultade de Humanidades a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé Abraira que falará de ‘Ocio e negocio: vida cotiá en Lucis Augusti’. Catro días máis tarde, á mesma hora e lugar, intervirá o arqueólogo do Museo Provincial de Lugo Enrique Alcorta Irastorza co relatorio ‘A muralla non é (só) un monumento’. ‘A forma urbis á luz dos últimos achados’ é o título da intervención da arqueóloga do Concello de Lugo Covadonga Carreño que terá lugar o 11 de xaneiro ás 19.30 horas na Vicerreitoría. Finalmente, o 18 de xaneiro o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Alacante, Juan Mª Abascal Palazón, pronunciará a última conferencia do ciclo, ‘O Mitreo de Lugo e o seu contexto histórico’, ás 19.30 horas tamén na Vicerreitoría.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2011.