A profesora Mª Isabel Sández tomará posesión este xoves do seu cargo como decana de Farmacia
A profesora Mª Isabel Sández Macho tomará posesión este xoves 3 do seu cargo como decana da Facultade de Farmacia nun acto protocolario que se celebrará a partir das 13:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome baixo a presidencia do reitor Juan Casares. A profesora Sández Macho foi elixida decana o pasado decembro nun proceso electoral ao que concorría como única candidata. O novo equipo estará conformado ademais pola profesora Paz García Martínez como vicedecana de Organización/Coordinación Docente e Alumnos, José Ángel Fontenla Gil ocupando o vicedecanato de Calidade e Relacións Exteriores e por Perfecto Paseiro Losada como secretario do centro. Tanto a profesora Sández como os profesores Fontenla e Paseiro xa formaban parte do anterior equipo de dirección do centro encabezado polo ex decano Juan José Torres Labandeira.