Pasar al contenido principal
STG

Mozos investigadores de universidades españolas analizan na USC a física atómica e nuclear

A Facultade de Química compostelá acolle estes xoves e venres as terceiras xornadas J2ifam

Trinta e un estudantes e doutorandos participan nas terceiras xornadas de Mozos Investigadores en Física Atómica e Nuclear (J2ifam), que teñen lugar estes xoves e venres na Facultade de Química da USC. A actividade está dirixida a estudantes de doutorado e doutorandos que obtiveran o título de xeito recente. O congreso é organizado por un grupo de alumnos de Química Teórica e Computacional da Universidade de Santiago, que collen a testemuña do CSIC de Madrid e a Universitat de Barcelona, que organizaron as dúas anteriores edicións. A longo destas xornadas, que comezan ás 10 da mañá, abordaranse temas como a física de agregados, a química cuántica, os nanomateriais ou as colisións atómicas e moleculares. Nas xornadas participan investigadores das universidades de Santiago, Granada, Vigo, Barcelona, Sevilla, do CSIC ou do Instituto Superior Técnico de Lisboa, entre outros. Para máis información pode consultarse a web do congreso: www.usc.es/congresos/j2ifam2011.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2011.