Pasar al contenido principal
STG

O Claustro debaterá este mércores as liñas xerais do orzamento 2011

O Claustro Universitario someterá a votación este mércores 19 as Liñas Xerais do Orzamento 2011 nunha xuntanza ordinaria que comezará ás 9:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. A proposta de orzamentos realízase “en base á situación financeira na que se atopa a USC así como o novo escenario de financiamento contemplado no Plan de Financiamento do SUG para o ano 2011 e o Plan de Austeridade establecido pola Xunta para o período 2011-2013. O importe do orzamento para 2011, segundo o documento a debater, ascende a 228,84 millóns de euros o que supón unha diminución do 6,8 por cento, porcentaxe que inclúe a redución experimentada polo Plan de Financiamento do SUG para este ano e tamén a situación intrínseca da institución académica dende hai anos. Desenvolvemento da xornada Esta sesión ordinaria do Claustro comezará coa presentación do Informe do reitor, para o que disporá de 20 minutos abrindo deseguido un período de intervencións de igual duración para as quendas de palabra. O debate deste primeiro punto rematará coa resposta do reitor. A vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, encargarase de presentar as liñas xerais do orzamento, para o que disporá doutros 20 minutos, abrindo a continuación a quenda para a defensa das emendas, cun período de 2 minutos para cada unha delas e outro tanto para a réplica, concluíndo coa votación individualizada de cada unha delas. A votación final do documento realizarase a man alzada previa explicación do voto, nun tempo máximo de 2 minutos para cada portavoz.

Polo que respecta ao período de rogos e preguntas, este estenderase por un máximo dunha hora. A Presidencia outorgará a palabra aos membros do Claustro que a soliciten así como aos membros do equipo de goberno para dar resposta aos comentarios e preguntas, cando sexa preciso. O tempo de intervención será de 30 minutos (cun máximo de 3 por cada intervención) e outro tanto para os integrantes do equipo de goberno que precisen responder ás intervencións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.01.2011.