Pasar al contenido principal
STG

Os encontros TEDx chegan á Universidade galega á procura de ideas que merece a pena compartir

Os encontros TEDx chegan á Universidade galega á procura de ideas que merece a pena compartir
Os encontros TEDx chegan á Universidade galega á procura de ideas que merece a pena compartir

O reitor Juan Casares abriu na Facultade de Psicoloxía a quenda de intervencións do encontro TEDxGalicia co relatorio ‘A solución pasa pola Universidade’. Baixo o lema ‘Ideas que paga a pena compartir’, esta é a primeira edición dun encontro en formato TED no ámbito universitario galego, articulado sobre charlas curtas, de ata 15 minutos como máximo, cada unha delas precedida por unha breve presentación e a inclusión de material audiovisual Organizado pola Cátedra Bancaja para Mocidade Emprendedora en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua, o encontro contou coa participación ademais das profesoras Elena Vázquez e Josefina Ling, así como de Jorge Cubela, o alcalde máis novo de España e estudante de Dereito; ou José Luís Abadín, piloto do FIA Formula Two Championship e estudante de Administración e Dirección de Empresas, así como estudantes e investigadores de diversas áreas que ofreceron as súas experiencias nos seus respectivos ámbitos de traballo. O encontro deste venres representa a segunda edición do encontro TEDxGalicia nesta ocasión coa vontade de achegar a Universidade á realidade social e da empresa a través dun espazo no que compartir coñecemento interdisciplinar. Os principais destinatarios deste foro son o estudantado e demais membros da comunidade universitaria aos que se lle ofrece este novo entorno que aposta polas ideas e o coñecemento transmitido dun xeito diferente, entretido pero sen perder o seu rigor, sinalan os seus promotores. O relatores dun encontro TED comparten a súa experiencia, visión do mundo e ideas que poden iniciar un cambio dende o momento que son compartidas. Así, en TEDxGalicia@USC combinase o visionado de vídeos coas distintas intervencións dos participantes entre os que se atoparán estudantes, investigadores/as e docentes da USC. A finalidade será a presentación de ideas novas nun contorno que propicie a comunicación. Máis información en: http://usc.tedxgalicia.com/

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.11.2011.