Aberta a matrícula no VIII Curso de Cine e Valores
Da concepción do cinema como un dos recursos máis potentes para achegar outros mundos e aproveitar isto como instrumento para a educación integral da persoa xurdiu a idea de desenvolver na USC o Curso de cine e valores, que este ano chega á súa oitava edición. Organizado polo Servizo de Participación e Integración Universitaria en colaboración con Mans Unidas, o curso desenvolverase os días 18, 19, 25 e 26 de novembro na Facultade de Matemáticas. Será o profesor de Cine da USC José María Folgar quen inaugure estas xornadas, que contarán cun relatorio de Isabel Sempere. Ademais de numerosos obradoiros proxectaranse as películas Matar a un ruiseñor, A ola, Princesas, Juno, O truco do manco e Barrio.