Pasar al contenido principal
STG

Thomas F. Earle, profesor en Oxford de estudos portugueses, desenvolve estes días unha estadía na USC

O profesor da Universidade de Oxford Thomas F. Earle atópase estes días na Universidade compostelá onde impartirá na Facultade de Filoloxía un seminario sobre docencia e ditará unha conferencia arredor da obra de Camões. Thomas F. Earle foi presidente da Asociación Británica e Irlandesa de Lusitanistas e vogal da Asociación Internacional de Lusitanistas, así como profesore en estudos portugueses. Na primeira das actividades programadas, o profesor Earle coordinará un seminario arredor do tema ‘Ensinar na Universidade de Oxford: o ben e o mal’, nunha sesión que se celebrará este mesmo martes 26 entre as 16:00 e as 19:00 horas na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía. A súa estadía na USC inclúe tamén, xa o xoves 27, a conferencia ‘Camões: un clásico para o século XXI’ que comezará ás 9:00 horas na Sala 3 do centro compostelán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.04.2011.