Pasar al contenido principal
STG

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra este martes os actos en honra ao seu patrón

Os profesores e alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebran este martes, 5 de abril, os actos en honra ao seu patrón, San Vicente Ferrer. A vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, abrirá a xornada conmemorativa, que terá lugar no salón de graos da facultade a partir das 12:00 horas. A continuación, a decana, Emilia Vázquez, dirixirase aos asistentes, intervención tras a que se entregarán os diplomas correspondentes aos Premios Extraordinarios de Doutoramento e Licenciatura, así como dos galardóns á Calidade Lingüística da Comisión de Normalización da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o premio Fulget 2010. O profesor José Antonio López Taboada será o encargado de pronunciar unha conferencia antes da clausura do acto, que rematará cunha actuación musical.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2011.