Pasar al contenido principal
STG

A profesora da Aalborg University Birgitte Gregerson imparte un ciclo de charlas no Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC

A profesora de Negocios e Xestión da Aalborg University (Dinamarca) Birgitte Gregerson participa esta semana na programación académica do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC. Na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e abertas ao público en xeral, a profesora Gregersen impartirá tres sesión que comezan este mesmo luns 11 ás 16:00 horas no Salón de Graos estando dedicada ás experiencias en países nórdicos respecto da relación entre sistemas de innovación e políticas públicas. O calendario de actividades continuará este martes 12 á mesma hora cunha sesión na que a profesora convidada reflexionará sobre a experiencia acumulada en Dinamarca en materia de innovación e enerxías alternativas. O ciclo de charlas rematará o xoves 14 coa intervención ‘Triple helix and local development’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2011.