Pasar al contenido principal
STG

As relacións da empresa coa administración electrónica, a debate na USC

O reitor da USC, Juan Casares Long, inaugurará este martes, 3 de maio, as xornadas ‘As relacións da empresa coa administración electrónica’ que ata o día 5 se desenvolverán na Aula Magna da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O encontro, co organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Centro de Estudos Cooperativos da USC e a Xunta de Galicia, reunirá a expertos que abordarán a Administración electrónica desde o punto de vista do acceso da cidadanía aos servizos públicos, a contratación, a facturación, a protección de datos ou a informatización das cooperativas, entre outros aspectos. Asemade, os asistentes coñecerán a normativa sobre protección de datos e a súa aplicabilidade así como o Decreto polo que se desenvolve a Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Acto inaugural O acto de apertura terá lugar ás 10:00 horas e nel participarán ademais a secretaria xeral de Modernización e Innovación, Tecnolóxica, Mar Pereira; o director do Centro de Estudos Cooperativos da USC, Manuel Botana; o director xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; e a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez Rozas. A continuación intervirá o avogado especialista en TIC Miguel Ángel Davara co relatorio ‘ Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos’. A xornada continuará pola tarde cunha mesa redonda sobre empresa e administración electrónica na que intervirán o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira Costa; o presidente de Blusens, José Ramón García González; o conselleiro delegado de PLEXUS, Antonio Agrasar Cascarllar; e o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández Castro.

Ligazóns relacionados:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2011.