Pasar al contenido principal
STG

O xurado do primeiro concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ emite este martes o seu ditame

A entrega de premios terá lugar o día 30 na Facultade de Matemáticas

O xurado do primeiro concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos convocado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa coa colaboración da Facultade de Matemáticas, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Estatística, reúnese este martes na USC para emitir o seu ditame. A entrega de premios terá lugar o día 30 na Facultade de Matemáticas Foron 34 os traballos presentados a esta primeira convocatoria dun certame para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de Galicia. Os participantes tiveron que presentar un proxecto no que se dera resposta a unha pregunta relevante usando técnicas estatísticas e planificándoo en dúas fases, unha primeira de recollida de datos e unha segunda de análise e interpretación de resultados. Para facilitar a elaboración do traballo e a súa exposición final contaron sempre coa axuda dun equipo de asesores a través da páxina web do concurso. Premios O concurso establece tres categorías para outorgar os premios –primeiro ciclo de ESO, segundo ciclo de ESO e bacharelato e ciclos formativos de grao médio- e os gañadores en cada unha delas recibirán un obsequio para o centro, un ordenador para o titor e ordenadores para os estudantes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2011.