A promoción 2008-2011 da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo celebra o acto de graduación
A XXXI promoción da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo celebra este venres 24 o seu acto de graduación no Auditorio da Facultade de Veterinaria. O acto dará comezo ás 18:30 horas coa intervención da conselleira de Santidade, Pilar Farjas Abadía; da vicerreitora adxunta para Estudos de Grao do Campus Lugo, Isabel González Rey; e da delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias Rodríguez. Os preto de oitenta graduados recibirán os seus diplomas e insignias e asistirán á conferencia ‘O poder das palabras nos coidados’ que pronunciará Consuelo Carballal Balsa, diplomada en Enfermaría e licenciada en Psicoloxía, coordinadora de Coidados da Subdirección de Xestión Sociosanitaria e Saúde Mental da Consellaría de Sanidade.