Pasar al contenido principal
STG

Francisco J. Ayala ingresa como académico de honra na Academia de Farmacia de Galicia

O recoñecido biólogo Francisco J. Ayala le este mércores, 1 de xuño, o seu discurso de ingreso como académico de honra da Academia de Farmacia de Galicia titulado ‘A luz da evolución’. O acto desenvólvese ás 19:00 horas na sede da institución (San Roque, 2. Santiago de Compostela) coa asistencia do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long. Ayala mantén unha intensa colaboración coa Facultade de Farmacia de Santiago que se fixo visible, de modo especial, nos actos de celebración dos 150 anos deste centro.

O presidente da Academia, Isaac Arias, encargarase de facer a laudatio de Ayala, unha das personalidades destacadas do neo darwinismo, con importantes intervencións en EEUU na pugna, nos centros docentes públicos, sobre a explicación da teoría da evolución fronte ao deseño intelixente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.06.2011.