Pasar al contenido principal
STG

O congreso internacional ‘Valle-Inclán e as artes’ comezará este martes en Filoloxía

Conmemorará o 75 aniversario da morte do escritor galego á vez que o centenario da súa obra

O congreso internacional ‘Valle-Inclán e as artes’ converterá a Facultade de Filoloxía da USC en punto de encontro de expertos no escritor dende este martes 25 e ata o venres 28. Trátase dunha iniciativa promovida pola USC a modo de conmemoración do 75 aniversario da morte do escritor galego á vez que o centenario de Voces de gesta, obra emblemática da relación entre as artes e a literatura, argumento do encontro. O reitor Juan Casares inaugurará este encontro nun acto que comezará ás 10.30 horas e no que o acompañarán o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López-Barxas; o decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane; e a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Santos Zas. A Cátedra Valle-Inclán da USC encárgase da organización desta iniciativa na que concorren prestixiosos especialistas, así como expertos en artes plásticas, música ou cine, con conferencia plenarias e comunicacións, procedentes de institucións de ensino superior de Berkeley-California, Portland, Indiana, Varsovia, Perugia ou Milán, ademais das universidades de Murcia, Barcelona, Zaragoza, Autónoma e Complutense de Madrid, xunto a especialistas da propia USC como Darío Villanueva, José Manuel López Vázquez ou Carlos Villanueva. O programa deseñado profundará nas relacións do escritor e a súa obra coas artes, no marco das correntes artísticas e o pensamento estético do seu tempo. Así, a relación do autor co mundo artístico do seu tempo; o escritor visto polos pintores, debuxantes e caricaturistas; o seu pensamento estético; a súa faceta como crítico; a edición ilustrada valleinclaniana; as artes plásticas e imaxe na súa obra; a relación coas artes escénicas ou a música; así como as adaptación cinematográficas e televisivas son algúns dos bloques temáticos nos que se artellarán as intervencións presentadas. Logo da sesión inaugural, o catedrático da USC e secretario da RAE, Darío Villanueva, pronunciará a conferencia inaugural titulada Valle-Inclán y el cine. O programa reanudarase pola tarde, a partir das 17.00 horas, co relatorio ‘Valle-Inclán alrededor de las artes y las letras catalanas’ do profesor da Universidade de Barcelona Adolfo Sotelo Vázquez. Logo será a quenda da presentación de comunicacións. As persoas interesadas poden ampliar esta persoas interesadas unha páxina web coa información do encontro en http://www.usc.es/gl/goberno/vrrelins/catedras/valle-inclan/congreso.html.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2011.