O CLM celebra hoxe mércores mércores a segunda quenda das probas de nivel dos seus cursos de lingua estranxeiras
O Centro de Linguas Modernas da USC organiza hoxe mércores 28 as segundas probas de nivel para os seus cursos de linguas estranxeiras, tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. As probas no campus lugués celebraranse no Salón de Actos da Facultade de Ciencias, onde a partir das 19.00 horas terán lugar ás de francés, e ás 19.30 horas as de alemán e inglés. En Santiago, logo das celebradas esta mañá para alemán e italiano, continuará ás 17.00 horas coas de chinés, na Aula D da Facultade de Filoloxía, e xaponés na Aula C do mesmo centro. A Aula A de Ciencias Económicas acollerá a partir das 18.00 horas as probas de nivelación correspondentes a inglés, seguíndolle no calendario previsto ás de portugués, de 19.00 a 20.00 horas na Aula 9 de Filoloxía, e ás de francés, e 19.00 a 20.30 horas nas aulas 8 e 9 de Relacións Laborais. Da oferta total de cursos do CLM, completaron prazas os de iniciación en alemán, chinés, italiano, portugués, ruso e xaponés en Santiago e os niveis 3 (A2.2) e 4 (B1.1) de inglés en Santiago.