Pasar al contenido principal
STG

Seminario sobre patentabilidade de algoritmos e invencións implementadas en ordenador

A Facultade de Matemáticas acolle este martes 27 ás 10.00 horas un seminario sobre patentes impartido por Javier del Ser Lorente e Sergio Gil-López, de Tecnalia Research and Innovation, no que se presentará o proceso de patentabilidade dun algoritmo e se mostrarán exemplos. Dirixido a investigadores da Rede e-Math e a empresas tecnolóxicas, no seminario falarase de Propiedade industrial e intelectual, Patentes de software e algoritmos, exemplos prácticos de procura de patentes Spacenet, e do caso concreto de TECNALIA, unha experiencia en patentabilidade.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente en http://mathematica.nodo.cesga.es/content/view/322/76/

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2011.