Pasar al contenido principal
STG

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC organiza dous cursos de formación continua

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC organiza para o mes de marzo os cursos de formación continua en iniciación á creación literaria e en habilidades interpersoais e comunicación.
O II curso básico en iniciación á creación literaria desenvolverase a partir do 12 de marzo os martes e venres de 18:30 a 21:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. Dirixido pola profesora Blanca Roig, conta entre o claustro docente con Marta Neira e a escritora Luisa Castro.
O 16 de marzo comezará o curso en habilidades interpersoais e comunicación que, dirixido pola profesora Carolina Tinajero e coa participación de Alba Castelo, se impartirá na Facultade de Psicoloxía os martes de 18:00 a 20:00 h.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2010.