Pasar al contenido principal
STG

Estudantes da USC mobilízanse polo recoñecemento sanitario da Psicoloxía

En Santiago a mobilización tivo lugar diante da Facultade
En Santiago a mobilización tivo lugar diante da Facultade

Estudantes da USC manifestáronse hoxe diante da Facultade de Psicoloxía de Santiago para reivindicar o recoñecemento desta disciplina como profesión sanitaria e a aprobación do Máster Oficial en Psicoloxía da Saúde. A mobilización foi convocada simultaneamente en toda España polo Colectivo de Estudantes de Psicoloxía de España, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Psicólogos e a Conferencia de Decanos de Psicoloxía das Universidades Españolas. Estes colectivos reclaman do Goberno unha solución “inminente” ao “problema que vén enfrontado a Psicoloxía desde 2003 cando se aprobou a Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, onde esta licenciatura non figuraba”. Nun comunicado conxunto, os denunciantes alegan que en España hai máis de trinta facultades de Psicoloxía con planes de estudos con contidos inequivocamente sanitarios, e incluídos no ámbito de Ciencias da Saúde, e máis de corenta mil estudantes de Psicoloxía “cuxa inmensa maioría queren desenvolver a súa profesión no ámbito sanitario”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.11.2010.