Pasar al contenido principal
STG

A Escola de Relacións Laborais organiza a nova edición do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo ten aberto ata o día 18 de decembro o prazo de matrícula para a sexta edición do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos que se impartirá neste centro dende o mes de xaneiro ao de decembro do vindeiro ano.

O Máster foi deseñado para facilitar o desempeño profesional en tarefas de dirección de recursos humanos dunha organización e pensando no desempeño de postos de responsabilidade específicos dentro desta área e na integración en consultoras de recursos humanos. O curso tamén está dirixido a aquelas persoas que queiran completar o perfil curricular para asumir a dirección de empresas ou doutro tipo de organizacións. O cadro docente está integrado por responsables de recursos humanos de grandes empresas galegas e nacionais así como especialistas pertencentes a varias universidades españolas. Estrutura da programación O curso está dividido en catro módulos que se corresponden coa organización empresarial, o factor humano na organización, a xestión de recursos humanos e a organización de obradoiros de habilidades directivas. O programa formativo é dun total de 700 horas e ten un carácter semipresencial, cunha parte de formación a distancia en torno ao 70% e outra presencial do 30% que se dedicarán en boa parte á análise de casos prácticos. Por outra parte, a formación on line contará con exercicios titorizados, foros de debate, vídeos e chat. Para obter máis información ou reservar praza no Máster as persoas interesadas deben dirixirse á Escola de Relacións Laborais do Campus de Lugo, cuxo teléfono é o 982 28 58 50. Tamén poden consultar algúns aspectos na páxina web www.relacioneslaboraleslugo.com

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2010.