Roman Tuma, da Universidade de Leeds, imparte unha conferencia en Química
O profesor da Universidade de Leeds Roman Tuma participa este martes 9 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias que ao longo de 2010 está a desenvolver a Rede de Ciencias e Materiais Moleculares. Roman Tuma, investigador do Centro Astbury de Bioloxía Estrutural Molecualr, pronunciará a conferencia titulada ‘From ignition to transmission: looking under the hood of viral packaging motor’. Será na Aula Magna da Facultade de Química a partir das 12:00 horas.