Pasar al contenido principal
STG

Unha exposición en Enfermaría de Lugo alerta sobre a enfermidade de chagas en Latinoamérica

A directora da Escola de Enfermaría Mª Asunción Núñez Magdalena e María Díaz, representante de Médicos Sen Fronteiras, ante os paneis da mostra inaugurada
A directora da Escola de Enfermaría Mª Asunción Núñez Magdalena e María Díaz, representante de Médicos Sen Fronteiras, ante os paneis da mostra inaugurada
A mostra, promovida por Médicos Sen Fronteiras, amosa a situación actual e o traballo cos doentes

A Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Lugo inaugurou este martes 9 a exposición ‘ Chagas: É hora de romper o silencio’ en colaboración coa ONG Médicos Sen Fronteiras. A mostra, que estará presente deica o 29 deste mes na entrada principal do centro, pretende dar a coñecer a realidade desta doenza en Latinoamérica a través de paneis informativos e fotografías. Dar voz ás esquecidas vítimas dunha enfermidade descuberta hai xustamente cen anos e que sen embargo segue ausente das axendas políticas e dos programas de investigación e desenvolvemento é o obxectivo da organización non gobernamental e do centro formativo universitario do Campus de Lugo. Segundo Médicos Sen Fronteiras, o chagas estase a cobrar unhas 14.000 vidas cada ano e estímase que entre 10 e 15 millóns de persoas o padecen en Latinoamérica, onde 100 millóns máis viven co risco de contraelo. A través de fotografías sobre o campo e do testemuño de cidadáns afectados e persoal de MSF, a mostra ensina como, a pesar das limitacións, a atención a enfermos de chagas é posible e “ eticamente incuestionable”, segundo subliñan os responsables da ONG. Complementariamente ás imaxes, os paneis da exposición permiten coñecer que é a doenza de chagas, como se transmite, o xeito no que se confeccionan as accións de prevención e cales son as carencias, así coma os obstáculos á hora de realizar o diagnóstico e o tratamento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2010.