Pasar al contenido principal
STG

O novo Claustro da USC constitúese este martes

Logo das eleccións do pasado mes de maio, o novo Claustro da Universidade de Santiago constituirase nunha sesión extraordinaria a celebrar este martes 26 a partir das 9:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía. A sesión comezará coa elección dos membros da Mesa e da Comisión Electoral Central para continuar coa votación dos representantes do Claustro no Consello de Goberno e dos membros das nove comisións de que dispón. Ao remate de todas estas votacións e do seu conseguinte escrutinio está prevista a lectura do informe do reitor.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2010.