Pasar al contenido principal
STG

A Escola de Enfermaría inicia este luns un curso de Especialización en Urxencias, Emerxencias e Catástrofes no Campus de Lugo

A actividade pretende formar profesionais sanitarios especializados en situacións clínicas especiais

O luns 25 a Escola Universitaria de Enfermaría do Campus de Lugo iniciará un curso de Especialización de Enfermaría de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes que se prolongará deica o 20 de maio. O acto de apertura e entrega de documentación aos alumnos terá lugar no salón de graos da Escola de Enfermaría a partires das 17.00 horas. Esta nova actividade formativa ten a finalidade de impartir coñecementos especializados en urxencias e emerxencias para o persoal sanitario de enfermaría, ofréndolle as habilidades necesarias para recoñecer as diferentes situacións clínicas, establecendo prioridades segundo a gravidade. A mellora da asistencia integral do paciente nos servizos de urxencias, o fomento do traballo en equipo e a incorporación de elementos de humanización no labor diario dos enfermeiros son outros dos obxectivos do programa. A actividade está composta por clases teóricas e prácticas cun total de 250 horas e está destinado unicamente a diplomados en Ciencias da Saúde. Asunción Núñez Magdalena, directora da Escola, Marta Miranda Castañón e Pilar Penela Puga son as docentes encargadas de dirixir o curso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2010.