Compañeiros e amigos reúnense arredor da figura de José Mª Busta, ex director do Centro de Cálculo 'Barrié de la Maza'
A totalidade do persoal que no ano 1976 prestaba servizos no Centro de Cálculo ‘Barrié de la Maza’ (CCBM) acaba de celebrar unha emotiva xuntanza na que se lembraron tempos pasados e a figura do que fóra director do centro, José Mª Busta, recentemente falecido.
O equipo humano integrábano un total de dezaseis persoas, entre perforistas, operadores, administrativos e analistas-programadores. As instalacións do CCBM estaban emprazadas na actual Facultade de Química –con anterioridade de Ciencias- onde o IBM-1130, o primeiro ordenador da USC, soportaba a xestión académica e económica da época.