Pasar al contenido principal
STG

O fiscal coordinador de Seguridade Vial explica en rolda de prensa a súa postura nos procesos penais de tráfico

O fiscal de Sala do Tribunal Supremo coordinador dos asuntos de Seguridade Vial, Bartolomé Vargas Cabrera, participa este venres 19 no VI Congreso Nacional de Criminoloxía onde pronunciará unha das conferencias plenarias programadas.
Vargas Cabrerá ofrecerá ás 13:30 horas unha rolda de prensa na que se referirá á integración da ciencia criminolóxica nos procesos penais de tráfico, cuestión que integra a conferencia plenaria que vai pronunciar no Congreso. O encontro cos medios de comunicación celebrarase no Salón de Actos do Módulo A da Facultade de Psicoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2009.