Pasar al contenido principal
STG

A USC celebra os 50 anos da Licenciatura en Química

A Universidade de Santiago de Compostela celebra este venres, 5 de xuño, os 50 anos da existencia da Licenciatura en Química na institución (1959-2009). O acto dará comezo ás 12:00 horas na Facultade de Química e nel intervirán o reitor Senén Barro e o decano do centro, Ramón Estévez.
O eixo da celebración será a conferencia do profesor Manuel Matías Torres Pacios sobre a evolución da química agrícola ao longo da historia que lerá no seu lugar o profesor Manuel Torres Labandeira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.06.2009.