Pasar al contenido principal
STG

Unha 'jaima' instalada no Campus Sur achega aos universitarios a situación do Sáhara Occidental

Trátase dunha iniciativa da ING Enxeñaría sen Fronteiras

A ONGD Enxeñería sen Fronteiras (ESF) acaba de instalar no Campus universitario Sur diante da Facultade de Farmacia unha jaima, a vivenda típica dos nómades saharauís, dentro da campaña ‘Sabes o que está a pasar en Sahara Occidental?’.
Esta campaña compleméntase coa instalación de casetas e postos de información en seis facultades do campus que permitirán a distribución de máis de mil manifestos nos que se reflicte a historia recente e o posicionamento sobre Sáhara Occidental. A iniciativa tamén quere ser un chamamento á cidadanía para que sexa consciente da súa responsabilidade no tema.
A jaima acollerá multitude de actividades lúdicas e formativas orientadas a concienciar á comunidade universitaria do Campus Sur sobre esta temática.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2009.