O responsable da tecnoloxía de dendrímeros, Donald Tomalia, na USC
A Facultade de Química da USC acolle estes días unhas xornadas científicas da Rede Galega de Nanomedicina, que traen a Compostela ao prestixioso experto do National Dendrimer Center de Estados Unidos, Donald Tomalia, responsable da tecnoloxía de dendrímeros, unha nova clase de nanoestruturas con propiedades físicas que os converten no vehículo ideal para administrar fármacos.
O profesor Tomalia impartirá este venres 10, ás 15:30 horas, a conferencia ‘Dendrimer-Based Nanomedicine: Its impacto on biology, pharma delivery, MRI imaging and polyvalent targeted therapies’.