Pasar al contenido principal
STG

A USC e a Deputación asinarán o convenio para o financiamento do Programa Oficial de Posgrao en Prevención de Riscos e Saúde Laboral

O reitor da USC, Senén Barro, e o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinarán o luns 28, ás 11:15 horas, un convenio entre as dúas entidades polo que o organismo provincial colaborará no financiamento do Programa Oficial de Posgrao en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.
O acordo quedará asinado no Salón de Graos da Facultade de Humanidades de Lugo para reforzar o orzamento desta titulación oficial, que se está a impartir na Facultade de Ciencias dende o mes de outubro na súa primeira edición cunha duración de ano e medio (90 créditos).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2008.