Pasar al contenido principal
STG

O reitor da USC e o secretario de Estado de Universidades inaugurarán o vindeiro xoves a oitava edición do Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario

O Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario da USC estará dedicada na súa oitava edición á análise dos principais trazos que definen ás universidades emprendedoras. Na inauguración do encontro, o vindeiro xoves 29 na Aula Magna da Facultade de Química, o reitor da USC, Senén Barro, estará acompañado polo Secretario de Estado de Universidades, Màrius Rubiralta.
Coa participación de destacados expertos neste ámbito tanto dende o punto de vista académico como empresarial, o congreso ofrecerá aos participantes a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias e boas prácticas sobre o impacto socio-económico do emprendemento universitario, a posta en valor da tecnoloxía dende as universidades, o financiamento dos programas de emprendemento universitarios e a creación de empresas dende as universidades emprendedoras.
Organizado polo programa de fomento da cultura emprendedora da USC, Uniemprende, o congreso conta co apoio da Cátedra Unesco de Innovación e Xestión da Cultura Emprendedora no marco universitario e co patrocinio da Xunta de Galicia e Santander.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.05.2008.