Pasar al contenido principal
STG

O XXI Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía premia un estudo da USC

O traballo abre unha nova vía terapéutica no tratamento de lesións neurolóxicas

Un estudo do Departamento de Fisioloxía de Medicina da Universidade de Santiago resultou premiado como a mellor comunicación no XXI Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía que se celebrou esta fin de semana en Ourense.
A investigación realizada polos doutorandos Pablo Devesa e Pedro Reimunde, coa colaboración dos profesores M. Gelabert, JL. Relova, R. Gallego, V. Arce e Jesús Devesa, demostra que a administración sistémica de hormona de crecemento é capaz de restaurar a normalidade estrutural e funcional no nervio ciático. Os investigadores chegaron a esta conclusión tras a súa sección experimental en ratas nun período de tempo tan curto como oito semanas.
O traballo, cofinanciado pola Asociación para o Proxecto Foltra na que varios dos investigadores citados colaboran desinteresadamente, abre unha nova vía terapéutica no tratamento de lesións neurolóxicas, particularmente na rexeneración nerviosa tras dano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2008.