Pasar al contenido principal
STG

Técnicos de toda España participan na EPS na xuntanza do Grupo de Traballo de Técnicas e Equipos de Aplicación de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura

A reunión anual do Grupo de Traballo de Técnicas e Equipos de Aplicación de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación celebrarase na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo este mércores 28 de febreiro e xoves 1 de marzo.
Ao acto de inauguración das xornadas, a celebrar a partir das 9:00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria asistirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o delegado provincial de Medio Rural da Xunta, Emilio López Pérez; o xefe do Servizo de Medios de Produción do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Félix de la Fuente Santero; e o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno.
Nestas xornadas de traballo, organizadas pola EPS coa colaboración da Consellaría do Medio Rural, reúnense os responsables dos servizos de inspección de maquinaria de aplicación de fitosanitarios das diferentes Comunidades Autónomas co obxectivo de pór en común os últimos avances neste sector. Tamén asistirán os representantes do Ministerio de Agricultura para explicar os apartados da Lei de Sanidade Vexetal relacionados co rexistro da maquinaria de aplicación e as súas correspondentes inspeccións. Para estes días tamén están previstas varias demostracións e visitas a explotacións agrogandeiras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2007.