Pasar al contenido principal
STG

A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC organiza as xornadas 'Referentes europeos na estética de Valente'

Co fin de estudar a influencia europea na obra escrita de José Ángel Valente, a Facultade de Filoloxía acollerá este xoves, día 15, un seminario organizado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago. A xornada, titulada ‘Referentes europeos na estética de Valente’, dará comezo ás 11:00 horas da man do director da cátedra, o poeta Claudio Rodríguez Fer.
Deseguido, o doutor en Filoloxía Hispánica pola USC, Manuel Fernandez Rodríguez, pronunciará a conferencia ‘Valente e o Romanticismo europeo’. Ás 12:30 horas, o doutor en Humanidades pola Universidade Carlos III, David Conte Imbert, porá fin á sesión matinal comparando as obras de Valente e de Heidegger.
Xa pola tarde, o doutor en Literatura Comparada pola universidade californiana de Stanford, Jonathan Mayhew, falará ás 16:30 horas sobre Beckett e Valente. A continuación, ás 18:00 horas, a doutora en Literatura Francesa pola Université Haute Bretagne, María Lopo, ofrecerá un relatorio sobre a relación entre Valente e Jabès. Como peche do seminario, a doutora en Filoloxía Alemá pola USC, Rosa Marta Gómez Pato, ofrecerá a conferencia ‘Valente e Celan’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2007.