As bibliotecas universitarias galegas permiten o acceso electrónico a unha relevante colección de revistas científicas
O consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGalicia) contratou unha nova colección de revistas electrónicas Oxford Journals que xa están dispoñibles para toda a comunidade universitaria galega. Cun total de 180 títulos publicados, 85 tratan cuestións referidas a áreas tecnolóxicas, científicas e médicas e os 95 restantes ás de humanidades e ciencias sociais.
Para acceder aos títulos da colección publicada pola Oxford University Press, unha das máis prestixiosas editoriais no eido académico e investigador de alcance mundial, os interesados deberán facelo a través da páxina web de BUGalicia ou da biblioteca da Universidade de Santiago.
BUGaliciaO Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, constituído en 2001 polas tres universidades galegas apoiadas pola Xunta de Galicia, traballa para favorecer a produción científica que se está a desenvolver en Galicia, poñendo a disposición dos estudantes e dos investigadores o acceso á través da rede a un alto número de recursos electrónicos de información científica.