O XIII Festival Internacional de Teatro Universitario prosegue o seu programa coa representación de tres novas obras en Santiago e Lugo
O programa do XIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC para este venres, día 23, arrancará coa representación da obra ‘Incubadora’ de Iván Andrade e Núcleo Risco a cargo do Departamento de Artes Cênicas da USP (Brasil). A función será ás 19:00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño tendo unha segunda oportunidade de asistir ao espectáculo o sábado 24 á mesma hora.
Tamén na xornada do venres, Casahamlet porá en escena a obra ‘Lili cuartel’ de Manuel Lourenzo, a partir das 21:30 horas no Teatro Principal de Santiago.
Campus de LugoA función prevista para o Campus de Lugo correrá a cargo da Aula de Teatro da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla que representará ‘Soliloquios’, sobre textos de Darios Fo e Franca Rame. A representación desenvolverase no Auditorio Gustavo Freire a partir das 21:00 horas.
A entrada ao certame, tanto en Compostela como en Lugo, é gratuíta previo paso polo despacho de billetes.