Pasar al contenido principal
STG

Unha nadadora do Club Deportivo Universidade de Santiago participará coa Selección Española na Swimming World Cup

Beatriz de Uña é a única deportista galega no equipo nacional de natación

A Real Federación Española de Natación convocou á nadadora do Club Deportivo Universidade de Santiago, Beatriz de Uña Bóveda, para participar coa Selección Española na competición internacional Swimming World Cup que se celebrará do 28 de abril ao 2 de maio en Székeshehérvár (Hungría).
Beatriz de Uña competirá nas probas 50 metros braza e nas remudas 4X50 estilos e 6X50 libre neste certame deportivo de alcance mundial no que, por primeira vez, participan equipos combinados nacionais.
Esta deportista, a única galega no equipo nacional, vén de participar no Campionato de España Junior, no que se clasificou en primeiro lugar na modalidade de 50 metros braza, no sexto en 50 metros libre e no sétimo en 100 metros braza.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.03.2007.