Pasar al contenido principal
STG

Uniemprende recibiu a visita de expertos da Universidade de Castela A Mancha

Os expertos da Universidade de Castela A Mancha xunto con Gustavo Marcos (no centro), diante das instalacións de Uninova
Os expertos da Universidade de Castela A Mancha xunto con Gustavo Marcos (no centro), diante das instalacións de Uninova

Persoal do programa de creación de empresas da Universidade de Castela A Mancha (UCLM) visitou as instalacións de Uninova así como diversas sedes do Programa Uniemprende da USC, onde foron recibidos polo seu director, Carlos Hernández Sande.
A Universidade de Castela A Mancha está a pór en marcha o seu programa de apoio a emprendedores e xa formalizou a súa presenza no fondo de capital risco Uninvest que, xunto con outras 16 universidades españolas e o CSIC, foi promovido no seo da USC.
Durante a visita, a comitiva coñeceu de primeira man iniciativas empresarias xurdidas na USC e comentadas polos seus promotores nas instalacións de Uninova. Asistiron pola UCLM o director académico da Vicerreitoría de Proxectos Emprendedores, Juan J. Jiménez, e o conselleiro delegado de Unimedia, con sede no Parque Científico e Tecnolóxico, Fernando Andrés Martínez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2007.