A Facultade de Química recibiu aos participantes na Olimpiada Galega de Química
Os estudantes que recentemente participaron na Olimpíada Galega de Química asistiron hoxe a un acto na Universidade de Santiago no que lles foi entregado un diploma conmemorativo.
A recepción desenvolveuse na Aula Magna da Facultade de Química coa presenza do seu decano, Ramón Estévez Cabanas, o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis Fidalgo, e representantes das outras dúas Universidades galegas.