Pasar al contenido principal
STG

O equipo da USC debuta no Corre con Nós cun primeiro posto na categoría dos máis pequenos

Un total de 40 persoas vinculadas ao Campus de Lugo debutaron este domingo na primeira proba do oitavo circuíto de carreiras populares Corre con nós, organizado polo Concello de Lugo. A Universidade de Santiago de Compostela organizou este ano por primeira vez un equipo para participar nestas probas co ánimo de promocionar o deporte e xa obtivo a súa primeira victoria.
O equipo da USC está composto por 51 persoas, 24 adultos e 27 cativos de todas as categorías, aínda que nesta primeira xornada non foi posible a participación de todos, chegando a correr 17 adultos e 23 rapaces.
A proba tivo o seu inicio e o seu remate nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, situadas preto do Campus de Lugo, e a carreira desenvolveuse nos arredores do Campus, e incluso rodeando a Facultade de Humanidades.
O equipo da USC abre a súa participación no Corre con Nós cunha victoria, posto que a súa corredora Alessandra Ghisleni Pollini foi a gañadora na categoría A (infantil nacidos entre os anos 1999 e 2003). En categoría adulta, o mellor entre os corredores foi Luis Vila Arias, que investiu un tempo de 16:46 en recorrer os 4.300 metros do circuíto.
A seguinte carreira na que participarán os membros do equipo de atletismo da USC é a denominada Lugo Monumental, proba que se celebrará no centro de Lugo o día 16 de decembro, cunha distancia a percorrer polos adultos de dez quilómetros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.11.2007.