Pasar al contenido principal
STG

Inaugúrase no Hotel Meliá Araguaney unha mostra coas obras presentadas ao Certame de Debuxo e Pintura do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia

A sala de exposicións do Hotel Meliá Araguaney acollerá desde hoxe unha mostra coas corenta e dúas obras presentadas ao Certame de Debuxo e Pintura organizado pola Comisión do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia da USC e co patrocinio de Alcaliber S. A. A exposición será inaugurada este martes, ás 20:30 horas, polo decano do centro, José Miñones Trillo.
A mostra manterase aberta ata o día 20 en horario de 17:00 a 21:00 horas e de seguido trasladarase ao Campus de Lugo, onde coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura de USC permanecerá ata o vindeiro 30 de novembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2007.