Pasar al contenido principal
STG

Corenta e catro traballos presentados ao certame de literatura do 150 aniversario de Farmacia

Un total de corenta e catro traballos presentáronse ao Certame de Literatura en Lingua Castelá ‘150 aniversario da Facultade de Farmacia’, 17 na modalidade de poesía e 27 na de relato.
O concurso está convocado pola Comisión Organizadora dos actos conmemorativos do 150 Aniversario da Creación da Facultade de Farmacia da USC e patrocinado pola Farmacia Gómez-Ulla de Santiago. Estableceuse un único premio para cada modalidade dotado con 600 euros e medalla conmemorativa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.11.2007.