Pasar al contenido principal
STG

A conselleira de Educación de Andalucía participou no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas

O Seminario Mulleres e Universidade da USC reuniuse coa conselleira de Educación da Junta de Andalucía, Cándida Martínez
O Seminario Mulleres e Universidade da USC reuniuse coa conselleira de Educación da Junta de Andalucía, Cándida Martínez

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC convidou este luns pasado á conselleira de Educación da Junta de Andalucía, Cándida Martínez López, a participar no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Nesta sesión de debate, a titular andaluza de educación profundou nos estereotipos educacionais e o perfil profesional, intervención á que lle seguiu un coloquio cos asistentes.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2007.