Pasar al contenido principal
STG

Aberto o prazo de preinscrición do curso de experto universitario en Peritaxe Médico Legal

O curso de posgrao de experto universitario en Peritaxe Médico Legal mantén aberto o prazo de preinscrición ata o día 5 de maio, mentres que o período de matrícula para as persoas admitidas estenderase entre os días 10 e 30 de maio.
Dirixido a médicos valoradores, inspectores e forenses, os interesados en inscribirse neste curso deberán estar en posesión do título de Licenciado en Medicina. A finalidade principal deste posgrao é proporcionar unha formación que acredite aos alumnos como expertos en peritaxe médico legal no ámbito da valoración do dano corporal e a documentación clínica.
O programa docente articúlase en tres módulos de formación teórica que se completará coa elaboración práctica de ditames e un proxecto en modalidade non presencial. Cunha carga lectiva de 110 horas, no bloque teórico abordaranse cuestións relacionadas co dereito á información dos pacientes, consentimento información, protección de datos de carácter persoal, documentación médico-legal, definición e consideracións da historia clínica e actualización na valoración do dano corporal.
Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Instituto de Medicina Legal ou ao teléfono 981.58.23.27. O curso celebrarase entre os días 6 de xuño e 12 de decembro todos os mércores, agás en xullo e agosto, en horario de 16:30 a 20:30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2007.