A Facultade de Dereito organiza o vindeiro luns un funeral en memoria do profesor José Manuel Lete del Río
A Facultade de Dereito organiza o vindeiro luns 28 un funeral en memoria do profesor José Manuel Lete del Río, catedrático de Dereito Civil da USC falecido en accidente de automóbil o pasado mes de abril. A cerimonia relixioso celebrarase a partir das 17:00 horas na Igrexa de San Francisco.
O profesor Lete del Río desenvolveu a maior parte da súa vida universitaria na Facultade de Dereito compostelá dende a que realizou un intenso labor docente e investigador cun amplo recoñecemento científico e prestixio social.