Pasar al contenido principal
STG

A residencia universitaria Monte da Condesa organiza un concerto de folk tradicional e un curso de fitoterapia

A Residencia Universitaria Monte da Condesa organiza para este mércores 11 un curso de fitoterapia, que terá lugar ás 22:30 horas, e un concerto de folk tradicional, que se celebrará ás 23:00 horas. A entrada ás dúas actividades, dirixidas ao público en xeral, é gratuíta.
Coa fin de ofrecer información sobre a medicina natural, a licenciada en Farmacia e máster en Medicina Natural pola USC, Rosa Vázquez García, ofrecerá unha charla introdutoria sobre a materia seguida dun taller destinado a mostrar a elaboración de remedios naturais.
Paralelamente, o grupo de música folk tradicional ‘Abaladoiro’ actuará na residencia nunha sesión organizada pola Vicerreitoría de Cultura e os bolseiros de música, biblioteca e actividades socioculturais do centro.
‘Abaladoiro’ nace en Cangas do Morrazo en 1993 como un grupo de gaitas tradicional que, na actualidade, está composto por cinco músicos. O seu repertorio conta con pezas de prestixiosos compositores galegos, con arranxos orixinais do propio grupo, e algunhas obras cantadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2007.