Pasar al contenido principal
STG

A Fundación CEER ofrece á comunidade universitaria da eurorrexión un curso a distancia sobre Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Territorial

O Campus Virtual do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) oferta o curso “Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial”, dirixo polo profesor Carlos Ferrás e organizado polo Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T pertencente ao Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.
Este curso ten unha modalidade a distancia, de xeito telemático, e está composto por tres módulos impartidos ao longo dun período lectivo de seis meses, cuxos contidos teñen como obxectivo principal, capacitar aos seus alumnos na exposición e discusión de casos de Planificación Estratéxica e Marketing Territorial comparativamente no ámbito internacional; aplicar metodoloxías de Marketing Territorial en municipios concretos, á vez que proporcionar coñecementos fundamentais teórico-metodolóxicos para desenvolver plans estratéxicos municipais e políticas de Marketing Territorial no ámbito local.
O Marketing Territorial é unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe corporativa de lugares, cidades ou municipios, en función do seu modelo de desenvolvemento e as súas necesidades vitais. Permite planear a oferta daqueles produtos estratéxicos que poden ser básicos para as economías locais e ofertalos no mercado de forma competitiva e atractiva. Ademais, permite valorar as necesidades do mercado e da competencia para establecer a súa imaxe diferencial e axustar a súa oferta ás necesidades e gustos dos potenciais inversores, turistas ou administracións.
Durante todo o proceso lectivo o alumnado poderá contar co apoio dos docentes do curso ademais de dispor de horas de titorías para a resolución das dúbidas formuladas. A matrícula é de balde é estará dispoñible a todas as persoas interesadas, tras previo rexistro no Campus Virtual da Web do CEER. Para acadar máis información, existe un enderezo electrónico (http://www.fceer.org/formacion/) podendo tamén facer consultas respecto do programa no correo electrónico: xestion [at] fceer.org (xestion[at]fceer[dot]org).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.04.2007.