Pasar al contenido principal
STG

O futuro da Seguridade Social a debate en Relacións Laborais

O Maxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo e catedrático de Dereito do Traballo, Aurelio Desdentado Bonete reflexionará sobre o futuro da Seguridade Social en España no transcurso dunha conferencia que pronunciará este venres, día 13, na Escola de Relacións Laborais de Lugo.
Este relatorio que comezará ás 18:30 horas, no Salón de Actos do centro, con acceso libre, forma parte do programa docente do curso de especialización en Seguridade Social organizado pola escola luguesa e que xa achegou ao campus a outros tres maxistrados do Tribunal Supremo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.04.2007.